miércoles, 9 de septiembre de 2026

         Boa tarde familias!1

Hoxe comezamos o novo curso, e como podedes ver, xa tiñamos todo preparado para recibirvos.
      Todos os mestres e mestras vos agardámos con moitas ganas, e contamos con que veñades coas pilas cargadas.
Que teñades unha boa travesía polo novo curso 26/27 !!!



viernes, 19 de junio de 2026

 Onte foi o turno para o clásico partido de fútbol que todos os nenos e nenas están a agardar durante toda a Primaria: Profes Vs Alumnado de 6º. E este ano....por fin lle gañaron os alumnos aos profesores !!! (4-3).

                                                                     Noraboa!!!





E para rematar hoxe disfrutamos do Festival Fin de Curso, onde os distintos niveis amosaron as súas actuacións, nas que estiveron a traballar estás últimas semanas.
Ahí as tedes:

3 ANOS


4 ANOS


5 ANOS














Despois tivo lugar a Graduación dos alumnos de 6º de Infantil, que para o vindeiro curso pasan para Primaria:


E a Graduación do alumnado de 6º de Primaria, que para o ano comezan unha nova etapa educativa: A ESO


Á saída todos os nenos e nenas do colexio lle deron a despedida con moito agarimo.
Moita sorte na nova etapa que ides comezar!!!



E ata aquí chegou o curso 25/26, no que desnvolvemos o PDI "Cos pés na terra....somos do rural!!".
Agora toca descansar e cargar as pilas para comezar o novo curso 26/27 con enerxías renovadas...Ata logo!!!



















 




















miércoles, 17 de junio de 2026

 Este luns comezamos no cole coa Semana Grande de Fin de Curso facendo unha "Olimpiada Rural".

Entre as moitas modalidades que había podemos ver a de "lanzamento de chapeu"



"Acarrexamento de pementos"; (mirade con que arte levan os pequechos o pemento na cabeza....)



E non podía faltar a clásica carreira de sacos...



O martes fixemos unha Festa da Auga. Pasámolo xenial !!!
Mirade como estamos todos mollados coma pitos...



E hoxe recibimos a visita de Paco Nogueiras :














jueves, 4 de junio de 2026

 Esta semana no colexio comezamos a exposición dos distintos traballos que fixemos en cada nivel sobre o PDI deste ano: " Cos pés na terra...somos do rural ". A exposición témola feita no recibidor do cole e podédela ver cando queirades. Ahí tedes os distintos traballos que fixeron cada nivel:


                                                                     3 ANOS



4 ANOS


5 ANOS













6º A


6º B


Noraboa a tódolos cursos polo su excelente traballo !!!!























jueves, 21 de mayo de 2026

Onte tamén tivemos  a visita do Poli Paco, que nos ensinou un feixe de sinais : verticais, horizontais e luminosas.







Mirade que ben o fan os futuros conductores!!









miércoles, 20 de mayo de 2026

 Esta semana, os nenos e nenas do cole estivemos a facer de agricultores e fixemos a nosa plantación.

Que vos parece? :




Aquí estamos de agricultores...."Coas mans na Terra"









viernes, 15 de mayo de 2026

 Hoxe no colexio tivemos a actividade "Cóntoche un traxe"; onde nos ensinaron como se vestían daquela os nosos avós e avoas.

A actividade gustoulle moito aos nosos nenos e nenas; porque algúns identificáronse con algunhas das formacións folclóricas das que forman parte.


Asi comezou a actividade:



E despois de todo esto:



Acabaron así



Lembrades a algún familiar ou antepasado vestido así?

Para os nenos e nenas foi unha actividade moi enriquecedora que os xungueu cos nosos ancestros.







martes, 12 de mayo de 2026

 Onte os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Primaria do colexio fomos de excursión de Fin de Curso a Apípolis.


Comezamos facendo galletas. Vede que divertido:




Despois observamos como se fai o mel e nos agasallaron cunha pouca:


Despois puxemos os traxes de apicultores e baixamos ao apiario.
Mirade que chulos estamos....




E aquí estamos recibindo as nosas clases como abelleiros:



Pasámolo xenial!!!

Xa nos tarda outra saída así!!!










viernes, 8 de mayo de 2026


 Hoxe (como non podía ser doutro xeito) os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do cole, participamos na 

XXXIII Edición da Carreira Solidaria do Salnes no Colexio Abrente de Portonovo.

Ahí nos tedes a todos quentando antes da carreira:






Saída dos nenos:



Saída das nenas:



E aquí como chegan, despois de dalo todo....



Cumpría repoñer forzas despois do esforzo...





E en representación do profesorado ahí temos a profe Roser dándoo todo na carreira de adultos.Bravo Roser !!



Pasámolo xenial !! 

E o mellor de todo é que non se trataba de gañar....senón de participar !!

Ata o ano que ven !!


















viernes, 24 de abril de 2026

 Onte ,co gallo da celebración do Día Mundial do Libro, os nenos e nenas do colexio fixemos unha lectura colectiva ao aire libre que nos reconfortou e axudounos a apreciar máis a lectura.

Ahí estamos todos os peques e os alumnos/as do 1º ciclo en plena lectura:
















                                         












Agardemos que esta sea unha boa semente de futuros lectores !!

jueves, 12 de marzo de 2026

 Este ano, co gallo do 8M, montamos no recibidor do colexio unha exposición para dar visibilidade as mans das mulleres do rural que tanto fixeron e traballaron a prol da familia e da sociedade.

Titulámola......



Ahí tedes as súas aportacións :













viernes, 13 de febrero de 2026

 Hoxe celebramos no colexio o Festival de Entroido baixo o lema : " Leira o Cruceiro...colleitando marcha !!".

Mirade que disfraces mais chulos se deixaron ver polo escenario onde desfilaron tódolos cursos:


                                                                        3 ANOS




4 ANOS




5 ANOS


1º 












E como estamos en tempo de cocidos, non podían faltar as vendedoras de grelos, claro está.


E despois de tanta marcha había que repoñer forzas !!


Pasámolo xenial !!!























viernes, 6 de febrero de 2026

                                     Hoxe Catuxa dounos a primeira orde do Meco. Aí a tedes:




viernes, 30 de enero de 2026

 Hoxe, para conmemorar O Día da Paz, os nenos e nenas do Cruceiro enchemos unha "Maleta da Paz" para darlle a benvida a unha familia migrante que acaba de chegar a Vilalonga, con frases de ánimo, receitas, etc...para que se sentan ben acollidos.

Mirade como estaba a maleta ao comezar.....




E mirade como estaba ao rematar.....






          Boa tarde familias!1 Hoxe comezamos o novo curso, e como podedes ver, xa tiñamos todo preparado para recibirvos.       Todos os me...